Skip to main content
ActualidadeBarreirosSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A asociación Barreiros Mar e Monte organiza unha ruta-baile

Por 4 Febreiro, 2020Sin comentarios

A asociación Barreiros Mar e Monte organiza para o día 15 de febreiro unha ruta-baile de disfraces e un xantar.

Comezarán a andaina ás 10 horas desde o bar Miramar cara a ruta do río Masma, e ás 14.30 horas será o xantar no centro social Vilamar.

Haberá baile, copas, brindis e moita festa, e a organización lembra que haberá premio ao mellor disfraz.