Skip to main content

O Concello de Alfoz organiza un Club de lectura que se xuntará os xoves alternos ás 19.00 horas.

Estas reunións serán na biblioteca municipal de Alfoz, e faranse actividades complementarias á lectura do libro como películas, cafés-tertulias ou viaxes.

Tamén se poderá gozar do préstamos gratuíto de libros.

As inscricións serán no Concello ou na propia biblioteca.

O club, que xa conta con 13 participantes, comezará coa lectura do libro Las huellas imborrables unha novela policíaca onde Camilla Läckberg entretece con mestría unha historia contemporánea coa vida dunha rapaza na Suecia de 1940.