Skip to main content
ActualidadeBarreirosSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Ana Ermida anuncia que presentarán os orzamentos de Barreiros “o antes posible”

Por 8 Febreiro, 2020Febreiro 10th, 2020Sin comentarios

O Concello de Barreiros ten como obxectivo realizar unha quenda de reunións cos veciños de todas as parroquias para debatir distintas opinións sobre este medio ano de goberno.

O obxetivo desta iniciativa permite aos veciños tomar parte e interesarse polas cuestións de ámbito xeral do Concello. A alcaldesa, Ana Ermida, explica que “do que se trata é de fomentar a participación dos veciños e que as reunións se convertan en algo útil”.

Sen data están aínda os orzamentos de Barreiros “pretendemos sacar a aprobación os orzamentos o antes posible pero será o que máis tempo nos leve”, di a alcaldesa. O ano pasado o orzamento ascendeu a máis de 4 millóns de euros e o BNG impugnouno debido á “insuficiencia das partidas para atender aos servizos básicos que debe prestar o Concello”, polo que previsiblemente requirirá varios cambios.

Ermida tamén apuntou que o “o punto limpo móbil está a funcionar moi ben, atópase na cuarta ubicación do seu programa e está a ter moi boa acollida. A xente colabora moito e están a realizar un correcto uso do mesmo”.