Skip to main content
ActualidadeMondoñedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Víctor Freixanes será nomeado Cunqueiriano de Honra en Mondoñedo

Por 9 Febreiro, 2020Sin comentarios

O Concello de Mondoñedo celebrará o Día de Cunqueiro o 28 de febreiro no auditorio municipal.

A xornada dará comezo coa homenaxe ao escritor mindoniense, Álvaro Cunqueiro, e acto seguido será o nomeamento do Cunqueiriano de Honra, que este ano recaerá en Víctor Fernández Freixanes, e que recibirá unha placa conmemorativa.

A media mañá será o maratón de lectura pública da obra Merlín e familia, máis tarde terá lugar a presentación do libro Novelo vento, un traballo de Emilio Rúa a partir de poemas de Herba de aquí e acolá. E para rematar o acto haberá unha actuación musical.

Víctor Freixanes, é un xornalista, editor e escritor galego, e é irmán do pintor Xosé Freixanes. En 2017 foi elixido presidente da Real Academia Galega.