Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Excelente fin de semana atlético dos irmáns Aleix e Brais Díaz

Por 10 Febreiro, 2020Sin comentarios

Esta fin de semana os irmáns ribadenses Aleix e Brais participaron en sendos Campionatos de atletismo, colleitando unha medalla de bronce e un cuarto posto.

O primeiro turno era para Aleix, que se desprazaba na tarde do sábado ata o pavillón de Riazor (A Coruña), para participar no Campionato galego sub18 en pista cuberta. Aleix competiría na disciplina de 400 m.l. cunha gran actuación, que o levaba a acadala medalla de Bronce. O atleta mariñán, que compite coa Escola Atlética lucense, pararía o crono en 55,63 seg., o que o levaba a ser o terceiro clasificado da final A e de todo-los participantes e subir ó terceiro caixón do podium.

Po-la sua parte e xa na matinal do domingo, Brais desprazábase ata as pistas de atletismo de Vilagarcía de Arousa, onde participaría no Campionato galego de menores de lanzamentos longos. Brais competía na disciplina de xavalina en categoría sub16, acadando o cuarto posto dos participantes.

Os seus lanzamentos foron 27,50-28,97-29,02-27,02-X-24,42 m., co que Brais e pese a que a climatoloxía era moi desfavorable para este tipo de lanzamentos, conseguira mellora-la sua mellor marca persoal en 2,38 m., establecendo o seu mellor rexistro en 29,02 m.

Brais ó igual que seu irmán tamén compite representando á Escola Atlética Lucense.