Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Foz celebra o Día de Rosalia de Castro o 24 de febreiro

Por 10 Febreiro, 2020Sin comentarios

A Concellería de Normalización Lingúistica do Concello de Foz convida a todos os veciños, a celebrar o 183 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.

Para celebrar o día de Rosalía o Concello de Foz adhírese tamén a iniciativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega, e realizará a lectura do manifesto no día de Rosalía deste ano. A Concellería de Normalización Lingüística convida a quen quera participar a un acto de lectura de poemas da nosa escritora nacional no Cenima o vindeiro día 24 de febreiro a partir das 17 horas. 

Por último compartán as palabras do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste 2020, Ricardo Carvalho Calero, sobre a poeta, a quen dedicou gran parte do seu rigoroso traballo crítico “A realidade rosaliana é particularmente complexa -mesmo, a nível superficial, contraditória, ainda que, a nível profundo, se conciliem as contradiçons na raiz unitária da singularidade pessoal de Rosalia. […] Enfim, Rosalia é umha rosa de cem folhas.” Agora tamén unha estrela.

Dende 2019 o espazo profundo conta cunha estrela que tras a decisión da Unión Astronómica Internacional foi nomeada como Rosalía de Castro. Foi tras das xestións da Agrupación Astronómica Io da Coruña. Esta Asociación cedeu a Concellería de Normalización Lingüistica de Foz dous paneis informativos que inclúen a localización da estrela e información da galaxia onde se atopa. Poderanse ver dende o vindeiro 10 de xaneiro ata o 3 de marzo na Biblioteca Salgado Toimil.

Celebrarán tamén deste xeito o Día Internacional da Lingua Materna proclamado pola UNESCO e que ven celebrándose todolos 21 de febreiro.