Skip to main content
ActualidadeAlfozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Alfoz ten programado para este ano un ciclo de cine

Por 11 Febreiro, 2020Sin comentarios

Alfoz pon en marcha este mes de febreiro, e durante todo o ano, un Ciclo de Cine onde se proxectarán dúas películas cada mes, unha infantil e outra para público adulto (ou para todos os públicos), que abarcarán diferentes xéneros.

Así no mes de febreiro serán películas románticas, dando comezo o venres 14 coa película Un paseo por las nubes e o sábado 22 coa película “Shrek”. Os pases serán no Salón de Actos ás 19.00 horas e a entrada é gratuíta.

De este xeito trátase de ampliar a oferta cultural do concello, aproveitando a capacidade comunicadora do cine para conectar con tódolos públicos e trasladar diferentes problemáticas, promovendo unha reflexión e o pensamento crítico ao tempo que se dinamiza a vida cultural do Concello de Alfoz. 

Á iniciativa, que parte da Concellería de Cultura, súmase tamén a Concellería de Igualdade, facendo especial fincapé en elixir títulos que sensibilicen á poboación a prol da igualdade real e en contra da violencia, convertendo o cine nunha ferramenta fundamental para facer reflexionar, sobre estas e outras cuestión sociais, grazas a capacidade de representación de grupos diversos e motor de cambio social.