Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Aurelia Balseiro será a pregoeira da Semana Santa de Viveiro

Por 13 Febreiro, 2020Sin comentarios

A directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro, será a encargada de ler o pregón inaugural da Semana Santa de Viveiro.

O pregón desta multitudinaria festa será o sábado 4 de abril no teatro Pastor Díaz.

A confraría comunicou que Balseiro é “unha persoa moi vinculada a Viveiro e como ela mesma indica a toda A Mariña en xeral”.

Aurelia Balseiro García naceu no Vicedo e é Licenciada en Xeografía e Historia na especialidade de Museoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Aurelia Balserio está vencellada á Área de Cultura da Deputación dende o ano 1997 e na actualidade ostenta un dos postos de Técnico de Actividades socioculturais da Área de Cultura Deputación de Lugo, vencellada ao Servizo de Publicacións da Deputación Provincial.