Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

O comité de empresa de Alcoa di que o estatuto “segue sen ser a solución”

Por 13 Febreiro, 2020Sin comentarios

O presidente do comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, José Antonio Zan, comunicou que “o estatuto para electrointensivas segue sen ser a solución” tras darse a coñecer o proyecto por parte do Ministerio de Industria.

A principal novidade do estatuto é a creación dun fondo de garantías emitido por Cesce que permita que os consumidores electrointensivos realicen contratos bilaterais. Segundo os traballadores, se non se corrixe o borrador este ano recibirán 4,5 euros menos por megawatio con respecto ao pasado ano.

Outra das medidas que amosa o estatuto é que ao definir que consumo enerxético é necesario para ser considerado electrointensivo, ampliou o número de empresas que poden recibir axudas, que agora ascende a 600 cando antes había 252 en toda España.

Tamén comunicaron que “seguirán traballando para elaborar unha alegación ao proxecto de Estatuo co fin de chegar a un marco estable e competitivo que os sitúe nun estado de igualdade respecto aos competidores da Unión Europea”.

Ademais, José Antonio Zan confirmou que continúan as mobilizacións, que de momento seguirán coa colocación de lazos azuis pola Mariña.