Convocado o concurso para o cartel das festas do San Xoán de Covas

A Comisión de Festas do San Xoán de Covas, convoca un ano máis, un concurso de debuxo infantil. Neste, participará todo o alumnado de primaria do CEIP Plurilingüe de Covas.

O xurado valorará a orixinalidade, creatividade, imaxinación e adecuación ao tema proposto.

O artista gañador de cada curso recibirá un pequeno agasallo, e o debuxo gañador difinitivo sairá plasmado na Pantalla Led tódolos días de festa.

Agradecemos de antemán, un ano máis, aos pequenos participantes a súa colaboración, así como á dirección do centro e docentes na súa difusión e impulso.

Etiquetas