Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O colexio Martínez Otero de Foz celebra a Festa da solidariedade

Por 14 Febreiro, 2020Sin comentarios

O colexio Martínez Otero de Foz celebra con numerosas actividades adaptadas aos diferentes niveis, a Festa da solidariedade.

Nesta celebración pretenden sensibilizar á comunidade educativa sobre un problema que golpea con forza no mundo como é a falta de alimento. Deste xeito, e con esta celebración, tentan recadar fondos para colaborar con proxectos que Mans Unidas ten abertos en diversos países do terceiro mundo. Como amosa un dos carteis da campaña, “o mundo non necesita máis comida e si máis xente comprometida”.

Así, entre as 13.30 e as 14.30 deste venres 14, terá lugar o reparto, e consumición, do bocata solidario que os membros da comunidade educativa, que así o desexen mercarán a razón de 3,5 euros.

Acto seguido, comezará a Rifa solidaria. Cada bocadillo consumido dá dereito a participar nunha rifa na que se sortean 60 lotes de produtos doados por diferentes entidades.