Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

O comité de Alcoa convoca unha manifestación en Lugo

Por 18 Febreiro, 2020Sin comentarios

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao vén de comunicar que o mércores 26 de febreiro, fará unha manifestación en Lugo para reclamar un prezo xusto que favoreza a continuidade da planta de aluminio.

Os traballadores reuniranse fronte a estación de autobuses de Lugo ás 10.00 horas, para rematar a súa protesta diante da Deputación.

O comité de empresa porá autobuses a disposición da xente para acudir ao acto e os interesados poderán informarse sobre os horarios e realizar reservas chamando ao 982 555 509, coa extensión 1179.

Os sindicatos presentaron o pasado luns as súas alegacións ao borrador do estatuto das electrointensivas presentado polo Goberno, e o cal consideran insuficiente para que faga competitiva á industria do aluminio.

O xoves 20 ás 10.00 horas seguirán poñendo os lazos azuis, nesta ocasión será Viveiro, e que comezará colocando un lazo grande no balcón do Concello.