Exposición A Mariña Somerxida en Burela

Do 3 Out 2019 ao 11 Out 2019 Axenda

A Casa da Cultura de Burela acolle a exposición A Mariña somerxida. A mostra, organizada polo Galp A Mariña-Ortegal, presenta fotografías de Carlos Gil e Hugo Fernández e permanecerá na localidade ata o vindeiro 11 de outubro. O alcalde burelés, Alfredo Llano, e o concelleiro de Cultura, José Díaz, visitárona nas últimas horas. 

O concelleiro de Cultura explicou que é unha exposición que paga a pena visitar, sobre os fondos marinos, con fotografías sorprendentes e cada unha con aclaracións polo que se pode aprender moito e por iso o edil recomenda vir a vela aos colexios da zona.