Animación á lectura no Vicedo

O 10 Out 2019 Axenda

O Concello do Vicedo organiza unha actividade de animación á lectura, a través do programa Ler Conta Moito.

Nesta ocasión trátase dun obradoiro de alimentación saudable e creación de contos a cargo de Lucas Requejo, o creador de Ultralimento.

Esta actividade será o xoves 10 ás 17 horas na Casa da Cultura do Vicedo.