Charlas sobre o prezo da luz en Foz

Do 5 Nov 2019 ao 27 Nov 2019 Axenda

A Unión galega de consumidores, UCGAL, ademais, organiza seis talleres en Foz sobre a materia gratuítos e que se desenvolverán ao longo do mes coa colaboración da concellaría de educación e cultura. As sesións desenvolverán nos locais de distintas asociacións veciñais do Concello. O acceso é completamente libre en todas elas. 

A actividade que será impartida por persoal técnico da Unión de Consumidores de Galicia, está dirixida a veciñas e veciños do concello que desexen resolver as súas dúbidas en relación coa factura da electricidade e coñecer os mecanismos que lles permitan aforrar na mesma

As actividades formativas sobre a factura eléctrica teñen por obxectivo permitir que os usuarios e usuarias saiban distinguir entre mercado libre e regulado, tarifas eléctricas, así como coñecer a potencia aconsellada para o seu fogar. Ademais abordaranse os aspectos máis importantes do bono social e do tícket eléctrico da Xunta de Galicia. 

Os veciños e veciñas de Foz poderán participar nestas actividades a partires das 19.00 horas dos días 5 de novembro, no local da Asociación de Veciños O Torques de Marzán e 18 de novembro, na Casa da Cultura de Foz. O 19 de novembro no local da Asociación de Veciños de Nois e 25 de novembro no local da Asociación de Veciños de San Martiño. O 26 de novembro no local da Asociación de Veciños San Pedro de Cangas e o 27 de novembro no local da Asociación de Veciños O Castro de Vilaronte.

As actividades contan co financiamento da Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia no seo do programa Dálle luz á túa factura.