Ciclo teatral en Trabada

Do 2 Mar 2019 ao 1 Xuñ 2019 Axenda

O Concello de Trabada organiza para este ano uns ciclos teatrais, que xa comezaron e seguirán durante todo o ano, todas as obras comezarán ás 21:00 horas na casa da cultura de Trabada.

O día 2 de marzo haberá unha obra aínda por confirmar, do Grupo de Teatro Lume Escénico da Pontenova.

O día 6 de abril será o turno de Que cousas pasan no camiño do Grupo de Teatro Adala Infantil de Foz .

O día 4 de maio será o turno de Oé, oé, oé… do Colectivo Cultural Ollomao.

E por último o día 1 de xuño será o turno de Sé infiel y no mires con quien do Grupo de Teatro San Tirso del Eo.