Conto musical para bebés en Ribadeo

O 15 Set 2019 Axenda

A axenda cultural de Ribadeo para estes días inclúe o grupo Musicreques presentará O Quebranoces para Bebés. Trátase dunha proposta de conto musical que levan a cabo dúas profesoras do conservatorio. Ten unha duración de vintecinco minutos, está dirixido a nenos e nenas de 0 a 3 anos e terá lugar o vindeiro domingo, 15 de setembro, ás 17:30 horas no Teatro. O prezo da entrada é de 3 euros.