Cursiño para axudar a obter a nacionalidade española en Burela

Do 29 Abr 2019 ao 16 Mai 2019 Axenda

O Programa de Inmigrantes da Concellería de Inmigración e Cooperación organiza un cursiño para axudar a preparar a proba de coñecementos constitucionais e socioculturais de España para a obtención da nacionalidade española. Terá lugar do 29 de abril ao 16 de maio. Esta acción está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo.

A concelleira Angélica Gómez explica que “a temática deste curso é coñecer o Goberno, os poderes e institucións do Estado, as leis fundamentais e os mecanismos de participación cidadá, os dereitos e deberes que comportan a nacionalidade española así como o coñecemento da organización territorial e xeografía física e política de España. Ademais dar a coñecer as tradicións, aspectos cultuais e feitos históricos españois relevantes e coñecer os distintos aspectos da vida cotiá e comportamento en sociedade e coñecemento sobre os distintos trámites administrativos en España”.

A edil socialista engade que “con esta formación trátase de axudar a preparar a mencionada proba esixible para a obtención da nacionalidade española. O cursiño ofertado terá unha duración de 50 horas e será impartido dende o 29 de abril ata o 16 de maio en dependencias do Concello de Burela. As persoas interesadas por solicitar máis información na Casa do Concello ou chamando ao 982 58 60 00”.