Cursos na piscina de Viveiro

Do 15 Set 2019 ao 29 Set 2019 Axenda

A alcaldesa de Viveiro, a socialista María Loureiro García, informa da normativa a seguir para a inscrición nos cursos de natación infantil, natación nenos e escolas de natación durante o curso 2019/2020 e anuncia que haberá un curso de ‘cross force’ cun monitor especializado do 15 ao 29 de setembro. As normas rexisaranse de acordo cos seguintes puntos.

A natación infantil ofertase para nenos nados entre 2014 e 2015, mentres que natación nenos para os nados entre  2006 e 2013. As escolas ofertaranse para os nados entre 2013 e 2014

A preinscrición ó comezo do curso farase de maneira presencial ou telefónica , previa proba de nivel no caso de ser necesaria e posteriormente sortearanse as prazas. Cada neno poderase pre-anotar nun único grupo e asignaráselle un número no momento da inscrición informando do total de prazas ofertadas para  o posterior sorteo. Os nenos que non cursasen natación ou causaran baixa no ultimo trimestre do curso pasado deberán pasar proba de nivel, agás os nados no 2015 que se ubicarán directamente en Iniciación infantil 1.

As datas tanto as de pre-inscrición coma as do trimestre faranse públicas na instalación e demais medios de comunicación locais, con antelación suficiente ó inicio do correspondente trimestre. Para o primeiro trimestre o prazo será do 30 de agosto ao 5 de setembro para inscicion e proba de nivel, e o sorteo farase o venres día 6 de setembro. A data de comezo do primeiro trimestre será o 30 de setembro e finalizará o 12 de decembro.

O sorteo farase un sorteo xeral para todos os cursos. Sortearanse non só as prazas ofertadas en cada curso, tamén as que formarán parte das listas de espera, e terán orde de preferencia en función da orde de saída dos números no sorteo. Os nenos que gañasen unha praza no seu grupo, quedarán automaticamente inscritos e de non estar finalmente interesado deberán comunicalo no prazo de unha semana ou pola contra quedarán obrigados ao pago da taxa correspondente. O sorteo será aberto ao publico, farase no salón de actos do concello ás 11.00 horas do venres día 6 de setembro. O resultado será publicado no tablón de anuncios do Concello, na Piscina Municipal e redes sociais da Concellería de Deportes.

Terán preferencia no segundo e terceiro trimestre: Os nenos que cursaran natación no primer trimestre do curso e non causaran baixa durante este. Neste caso non será necesaria nova inscrición, quedarán automaticamente inscritos. Os nenos anotados en listas de espera durante o último trimestre cursado sempre e cando queden prazas libres. Se quedase algunha praza non cuberta polos nenos anteriores, faríase novamente o sorteo para adxudicar as mesmas. Estableceranse con antelación as datas de inscricion para este sorteo.

O cambio de nivel farase cada trimestre de maneira obrigatoria e automatica , sen necesidade de nova inscripción, para todo aquel que acade os obxectivos e poderá supoñer un cambio nos días e horas do curso. O neno que non continúe no curso deberá comunicalo na recepción do centro, antes do comezo do novo trimestre.

Con carácter xeral, un curso poderá ser anulado cando non se acade a cobertura mínima do 50% das prazas ofertadas

A dirección do centro poderá modificar, anular ou engadir algún curso que por motivos técnicos-organizativos considere necesario.

Por outra banda, infórmase de que a piscina municipal vai impartir un Curso Monitor Cross Force os días 15, 22 e 29 de setembro, para o que se pode obter máis información na piscina ou chamando ao teléfono 982 570 610.