Excursións a Portugal dende Ribadeo

Do 14 Set 2019 ao 15 Set 2019 Axenda

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza excursións para os días 14 e 15 deste mes, sábado e domingo, a Portugal e a Muxía respectivamente.

O sábado 14 a viaxe será as localidades portuguesas de Vilanova de Cerveira e Valença do Minho, que son famosas polos seus mercados. A actividade con desprazamento en autocar, almorzo e seguro de asistencia de viaxe ten un prezo é de 35 euros por persoa. E con comida incluída custa 45 euros por persoa.

E o domingo 15 a excursión será á festa romaría da Virxe da Barca, en Muxía, evento declarado de interese turístico nacional. Esta actividade inclúe desprazamento en autocar, almorzo, comida e seguro de asistencia de viaxe e ten un prezo de 40 euros por persoa.

Para a reserva de prazas nestas excursións hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.