Exposición Disorders en San Cibrao

Do 13 Xuñ 2019 ao 28 Xuñ 2019 Axenda

Catro persoas con enfermidades mentais están a participar coas súas obras na exposición Disorders, unha mostra inaugurada estes días na casa da cultura de San Cibrao, onde estará ata o día 28 deste mes.

Os cadros que expostos na casa da Cultura mariñá, monstran as diferentes dolencias, como a depresión, esquizofrenia e transtorno bipolar desde o punto de vista destes artistas, dentro dun amplo proxecto co que pretende dar a volta ao mundo e contar e visibilizar estas enfermidades.

Na mostra participan artistas como o mariñano Xosé López Losada Xolo, Reis Fragueiro, Michel e Ith.