Exposición en Ribadeo

O 13 Set 2019 Axenda

A axenda cultural de Ribadeo para estes días inclúe unha exposición da ilustradora local Mónica Justo, que dará comezo o venres, 13 de setembro.

A mostra permanecerá aberta na antiga Oficina de Turismo, no parque San Francisco, ata o vindeiro día 23 deste mes. O horario de visitas será de 19:00 a 21:00 horas de luns a venres; de 12:30 a 14:00 horas e de 19:30 a 21:30 horas, os sábados; e de 12:30 a 14:00 horas, os domingos.