Exposición no Cenima de Foz

Do 8 Xan 2020 ao 26 Xan 2020 Axenda

A Uned Aula Universitaria de Foz ofrece unha exposición sobre Áreas Mariñas Protexidas, que se pode visitar ata o 26 de xaneiro, no Cenima de Foz, en horario de 10 a 14.

Durante séculos os seres humanos vimos servíndonos sen miramientos dos recursos que o mar nos ofrece. A degradación das augas alcanzou hoxe unha magnitude alarmante.

Nos últimos anos unha gran variedade de acordos a escala internacional veñen recoñecendo a necesidade de protexer os ecosistemas mariños. Na actualidade, As Áreas Mariñas Protexidas (AMPs) son unha das principais ferramentas de xestión das pesqueiras, ao que se engade a súa importancia na conservación da biodiversidade.