Festas patronais de Burela

Do 31 Mai 2019 ao 3 Xuñ 2019 Axenda

A comisión organizadora das festas patronais de Burela, que encabeza Toñi Eijo, informou de que xa teñen un avance do programa das festas deste ano, que comezaran o 31 de maio ata o 3 de xuño.

A comisión dos festexos comenta que o programa está pensado para que público de todas as idades poida desfrutar das patronais, que se celebran na honra da Virxe do Carme e San Xoán Bautista.

A organización adiantou xa que as orquestras que animarán as noites da festa serán Finisterre e París de Noia o venres 31 de maio; Israel e Garibaldi, o sábado 1 de xuño; Ritmo Joven e Combo Dominicano o domingo 2; finalmente, Trébol e  Panorama amenizarán a noite do luns 3.

A programación comezará previsiblemente ás nove da noite, coa misa na honra da Virxe do Carme e a baixada da igrexa da Vila do Medio. Ademais destacará na programación a tradicional procesión marítima, que sempre é un dos grandes reclamos de público desta cita.