I Torneo de Fútbol Sala Feminino en Barreiros

O 14 Set 2019 Axenda

O 14 de setembro, o Praias de Barreiros FSF organiza o I Torneo de Fútbol Sala Feminino 2019.

Este torneo, que se xogará no pavillón municipal, enfrontará ao anfitrión co Burela FSF ás 16.00 horas, para unha hora despois acoller o partido entre o Concello de Begonte FSF e o Lieders Futsal. Os perdedores de ambos os dous enfrontamentos xogarán polo terceiro posto ás 19.00 horas e ás 20.00 será o gran momento da final, que concluirá coa tradicional entrega de premios.