Magosto en San Cibrao

O 9 Nov 2019 Axenda

A Casa do Mar de San Cibrao acollerá o vindeiro 9 de novembro, ás 19.00 horas, un magosto organizado polo colectivo A Rebolaxe e que conta coa colaboración do Concello de Cervo.

Haberá castañas, bocatas de chourizo, pancetas ou salchicas, pero ademais haberá música, karaoke e o sorteo dunha cesta con varios produtos entre os asistentes.

Concretamente para comer haberá cucuruchos de castaña, bocadillos de chourizo, bocadillos de panceta e boliños de salchicha.

Actuará Pakolas co seu espectáculo As parábolas de Pakolas, ás 20 horas.