Ruta cabalar polo Vicedo

O 14 Set 2019 Axenda

A asociación cabalar Rías Altas do Vicedo, da cal Cristian Yáñez Fernández é o secretario, invita aos amantes dos cabalos a percorrer a praia de Xilloi en O Vicedo, o vindeiro 14 de setembro, a partir das 10 horas, desde o areal.

Ás 15 horas será o xantar, por un prezo de 20 euros por comensal. Convén inscribirse ata o 11 de setembro chamando por exemplo ao teléfono 677.452.735. O colectivo demostra que a paixón polos equinos, que quedou reflectida en espectáculos coma as rapas das bestas este verán, segue moi viva na Mariña lucense.