Sushi no Desván do Fumarel de Ribadeo

Do 19 Xul 2019 ao 30 Set 2019 Axenda

A Llapada Bar Sushi Restaurante, que ata o de agora estaba na localidade asturiana de Navia, trasládase a Ribadeo co seu cociñeiro, o arxentino Niko Basile e o seu ‘tapeo canalla’. Dende o pasado venres 19 de xullo ofrece as súas especialidades de cociña xaponesa en El Desván del Fumarel.

A iniciativa gastronómica é froito dun acordo entre ámbolos dous establecementos hostaleiros, que contan coa colaboración das marcas Estrella Galicia, Schweppes, champagne Mumm e cervexa Peroni.

Durante este verán, de xoves a domingo e de nove a doce da noite en El Desván del Fumarel poden degustarse os pratos estrela de La Llapada, como diferentes preparacións de sushi e tartar de atún ‘rojo’ e salmón e de dimsum, que é coma unha especie de empanadillas e entremeses orientais, que son como unhas boliñas de carne de porco marinadas, envoltas nunha mesa e feita ao vapor.

Tamén preparan o sushi para levar a casa. É necesario reservar con antelación a través do teléfono 678.455.789 o en El Desván del Fumarel, que está na rúa Doutor Moreda, de Ribadeo.

Niko Basile explicou que pecharon hai pouco o negocio de Navia e como o dono do Fumarel era cliente a iniciativa xurdíu de falar acerca de traballar conxuntamente.