Tapeo en San Cibrao

Do 17 Out 2019 ao 20 Feb 2020 Axenda

A hostalería sancibrense repartirá premios por participar no seu tapeo que consistirán en vales de compra de 250 euros, 150 e 100 para gastar nos locais asociados.

As fotografías das tapas de cada xoves subiránse ao perfil de facebook do colectivo en sancitapeando cada semana.

Cada tapa custa dous euros e as ofrecen Pizzería O Trasgo que servirá ensalada de pasta este día 17, o bar Maruxaina que ese día porá á mesa espetadas mouras de polo, o mesón A Bodega que elaborará filloa rechea, a terraza O Noso Lar, que o 17 de outubro vai preparar hamburguesa con queixo de San Simón e cebola caramelizada, o bar O Faro, que fará carne guisada con compota de mazá, e a Pizzería Las Titas que nesa xornada preparán Piccolinis Mar e Terra.

Cada xoves cambiarán estas tapas por outras creatividades culinarias ata o 20 de febreiro.