Teatro no Vicedo

O 14 Set 2019 Axenda

A asociación de veciños de San Román do Vicedo, presididos por Rubén Rábade López, lograron traer ao pobo unha actuación teatral grazas o circuíto provincial denominado Buxiganga. Será o vindeiro 14 de setembro, no local social e actuará Curuxán Teatro.

A asociación veciñal é de recente constitución. A vicepreside Martín Pena Fernández e a tesoureira é Maribel Rodríguez Gasquez e conta cuns 40 asociados.