Teatro en Viveiro

Do 9 Mar ao 23 Mar Axenda

Para o mes de marzo programáronse dúas actuacións destinadas ao público adulto de Viveiro; son Os mellores monólogos de Carlos Blanco (RGTA), que terá lugar o sábado 9, ás 20:30 horas, e Commedia, de Contraproduccións, que terá lugar o sábado 23 de marzo, á mesma hora. Pola súa parte, o público infantil poderá desfrutar de A nena e o grilo máis aló, de Magín Blanco (RGTA), que terá lugar o sábado 16, ás 18 horas.