Terapia de Espalda en Ribadeo

Do 7 Mar 2019 ao 1 Mai 2019 Axenda

A Concellaría de Servizos Sociosanitarios organiza unha actividade de Terapia de Espalda, dirixida a toda a poboación ribadense.

Realizarase durante os meses de marzo, abril e maio. Terá lugar na Casa da Xuventude e desenvolverase os martes e xoves, de 17:30 a 18:30 horas. Esta Terapia de Espalda dará comezo o 7 de marzo.

A actividade é gratuíta e o número de prazas é limitado. As persoas interesadas poden obter máis información e inscribirse na OMIX-Casa da Xuventude, na rúa Antonio Otero-15, ou chamando ao número de teléfono 982 129 889. O prazo de inscrición estará aberto desde o vindeiro luns, 25 de febreiro.