Trail de Comado en Barreiros

Do 12 Out 2019 ao 13 Out 2019 Axenda

Xa está en marcha a organización da vindeira edición dos trails ao Monte Comado de Barreiros previstas para o día 12, a de medio kilómetro en vertical, e a curta e a longa, o 13 de outubro.

A partir do día 1 de outubro hai cambio de tarifas nas inscripcións Monte Comado. O coste da participación será de 8 euros para a vertical para o que se inscriba ata o día 30 de setembro e de 10 euros para quen o faga do 1 ao 9 de outubro.

Para o tráil de 12 kilómetros, hai que pagar 15 euros se un se inscribe ata o 30 de setembro e 18 euros para os que se anoten dende o 1 ao 9 de outubro.

O trail de 28 kilómetros custa 18 euros ata o día 30 de setembro e 21 euros do 1 ao 9 de outubro.

Os interesados en participar poden consultar a web www.mediokmverticalmontecomado.jimdo.com.