Viaxe á Festa do Marisco ao Grove

O 13 Out 2019 Axenda

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión á localidade pontevedresa de O Grove para participar na súa famosa Festa do Marisco, que está declarada de interese turístico nacional. Será o día 13 de outubro, domingo.

A actividade inclúe a viaxe en autocar, o almorzo e o seguro obrigatorio de asistencia. O prezo é de 30 euros por persoa.

Para a reserva de prazas nesta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676 445 465 ou 982 877 470.