Skip to main content
Colaboracións TERRACHÁXA

Sociedade Civil, Asociacionismo e 28M Guitiriz

Por 11 Maio, 2023Sin comentarios

Por Xesús Anxo Barreiro Núñez
Presidente da Asociación de Veciños do Campo da Feira de Parga

Con motivo das vindeiras eleccións Municipais e Autonómicas no Estado Español o vindeiro 28 de maio, estamos chamados/as a acudir as furnas os/as habitantes dos 8.131 Concellos (313 en Galicia e 67 na Provincia de Lugo) e en 12 das 17 Comunidades Autónomas (excluidas: Galicia, Cataluña, País Vasco, Andalucía e Castela-León) mais as cidades autónomas de Ceuta e Melilla

O noso Concello de Guitiriz segun datos do Instituto Nacional de Estadística (I.N.E.), recollidos, no R.D.1.037/2022 de 20 de decembro de 2022, (valido para a totalidade de 2023 ate a publicación de un novo censo de dito Organismo), consta de 5.328 habitantes dos cales 2.689 son homes e 2.639 mulleres repartidos por un territorio de 293´97 Km cadrados que o sitúan en extensión como quinto da Provincia de Lugo e sexto de Galicia.

Ante este proceso electoral de elección dos 13 Concelleiros/as da Corporación, Goberno e Alcalde ou Alcaldesa de Guitiriz, quixeramos dende a Directiva da Feira de Parga, facer, entre outras, as seguintes propostas as tres candidaturas que concorren a este proceso electoral: PSOE, PP e BNG, atendendo a unha serie de datos e querendo dende unha actitude constructiva aportar o noso humilde grao de area..

En primeiro lugar abogar, por unha actitude cordial e constructiva das persoas eleitas na cita electoral polos tres partidos políticos, pois serán reflexo da sociedade do noso Concello entendendo que así será, pois, somos unha veciñanza onde todos/as nos coñecemos e mantemos unha relación cordial no eido persoal que se debe ver reflexada nas persoas que nos gobernaran abordando de xeito dialogante e inclusivo as distintas propostas políticas que redunden en beneficio do noso Concello e das persoas que en él vivimos.

En segundo lugar, queriamos propor que do mesmo xeito que se realizan as retransmisións en directo dos plenos pola canle de Facebook do Concello, a realización de un debate, tamen en directo e público por dita canle, coas persoas que encabezan cada unha das tres candidaturas a fin de escoitar as suas propostas e o debate sobre as mesmas, pois constanos sera seguido de xeito maioritario como son seguidas as retransmisións dos plenos. De seguro PSOE, PP e BNG atoparan unha formula de acordo para a realización do debate e as normas que o rexiran.

En terceiro lugar, dende o tecido asociativo, propomos (descoñecendo a estas alturas da precampaña se algún ou os tres partidos o levan no seu programa) se forme a partir da constitución do pleno de investidura a creación de un “Consello Económico e Social de Guitiriz” órgano consultivo básico na democracia participativa, no que estén representados ademais dos tres partidos politicos con representación no Consistorio, as Entidades de base social e asociativa do noso Concello: Empresarios, Sindicatos, Asociacións de Veciños, Culturais, Xuvenis, Educativas, de Maiores, Deportivas,

Comunidades de Montes …, en definitiva que entre todos e todas facer un Concello comprometido cos 17 Obxetivos de Desenrolo Sostible (ODS) aprobados o 25 de setembro de 2015 por 193 países na Asamblea Xeral de Nacións Unidas conformando a chamada Axenda 2030, e que Guitiriz escale postos no nivel de renda (segundo o último dato do I.N.E.de 2019, posto 191 a nivel galego e 4.071 a nivel Estado, excluidos País Vasco e Navarra, con unha renda bruta de 18.281 euros, que nos situa en esa data no posto 28 a nivel provincial, aproveitando o noso rico Patrimonio: paisaxistico, etnografico, monumental, cultural, termal, gandeiro, forestal …, pondo en valor, mais se cabe, a reapertura do hotel-balneario e o paso do Camiño de Santiago de xeito que redunde en beneficio economico, fixación de poboación así como revertir a nosa envellecida piramide poboacional mellorando o número de visitas e estancias (segundo datos de turismo do I.N.E. se fixaron no mes de febreiro do ano en curso en 5.566 persoas, sendo de orixen estatal 5.218 persoas e de orixe internacional 338 persoas).

Manifestamos pois en estas líñas o noso compromiso na participación e contribución do tecido asociativo cos/coas nosos/as responsables políticos que imos elexir o vindeiro día 28 de maio, depositando en eles/elas a iniciativa política que lles corresponde na consecución de un Concello de Guitiriz por un Rural Vivo e con Futuro.