Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Academia A Mariña de Burela imparte un curso sobre lexionella a partir deste luns, 26

Por 24 Agosto, 2019Sin comentarios

Academia A Mariña imparte en Burela o Curso oficial de mantemento de instalacións con riscos de transmisión de lexionelose, que dará comezo este luns, 26 de agosto.

A directora do centro, Becky Hermida, sinala que “o RD 865/2003 de 4 de xullo, establece a obligatoriedade de estar en posesión do título que acredita a superación deste curso oficial para aqueles operadores encargados dos labores de mantemento hixiénico-sanitario en instalacións con risco de proliferación da bacteria da lexionella”.

Hermida explica que “o curso está dirixido a todo o persoal responsable das operacións de mantemento hixiénico-sanitario de aquelas instalacións recollidas na normativa, e que pertezcan a unha entidade ou servicio externo subcontratado ou ben ao persoal propio da empresa responsable da instalación de risco: residencias de anciáns, hospitais, colexios, hoteis, garderías, polideportivos, ximnasios, vivendas vacacionais, spas, piscinas públicas, persoal que traballe en mantemento de torres de refrixeración en centrais eléctricas, mantemento de sistemas de auga quente sanitaria…”.

 Academia A Mariña conta coa a autorización expresa das autoridades sanitarias da Xunta de Galicia para impartir o curso, que terá lugar nas súas instalacións de Burela do 26 ao 29 de agosto en horario de 8 a 15 horas. Os asistentes realizarán prácticas nunha empresa da zona. A duración do curso é de 25 horas.