Skip to main content
ActualidadeLourenzáSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Acial Lourenzá organiza un concurso polo Día da Nai

Por 24 Abril, 2020Sin comentarios

A Asociación de Comerciantes, industriais e autónomos de Lourenzá ou Acial, organiza o V concurso Unha postal para mamá.

Este concurso, que este ano será un pouco distinto debido ao confinamento, conta con dous apartados de participación.

O primeiro no que poden participar os nenos do Concello de Lourenzá e outro no que poden participar os nenos dos concellos da Mariña Lucense.

Os traballos realizaranse en A4 dobrado a metade e enviarase unha foto da postal por whastapp ao número 646 287 706.

Haberá seis premios por categoría que consisten en 30 euros en vales de compra para gastar nos establecementos de Acial Lourenzá.

O prazo límite de presentación remata o 30 de abril e o fallo do xurado darase a coñecer o domingo 3 de maio, Día da Nai.