Skip to main content
ActualidadeAlfozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Adala Teatro actuará en Alfoz e tamén Charo Pita polo Día da Biblioteca

Por 21 Outubro, 2019Sin comentarios

O vindeiro xoves, 25 de outubro, Alfoz celebra o Día da Biblioteca. Ás 15.00h no Salón de Actos do Centro sociocultural, a Área de Cultura organiza un espectáculo de contos e cancións para nenos e nenas de 5 a 12 anos onde as protagonistas son mulleres de toda condición e idade. Sen Barreiras de Charo Pita é a elixida para fomentar a lectura entre a poboación infantil, cunha proposta divertida, participativa e cunha clara mensaxe a prol da igualdade.

Asemade, comeza o ciclo de teatro afeccionado Teatro de Outono en Alfoz que se realiza a través do programa Buxiganga 2019 da Deputación Provincial de Lugo, en colaboración coa Área de Cultura municipal e a ANPA do CEIP Plurilingüe Castro de Ouro.

O venres 26 de outubro, ás 19.00h no Salón de Actos do Centro Sociocultural os alfocenses contarán coa oportunidade de desfrutar da obra Que cousas pasan no camiño, de A Adala Infantil de Fazouro (Foz) cunha sesión de teatro dirixida ao público infantil e familiar na que se fala do amor verdadeiro.