Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAViveiro

Adrián Ben, quinto na final olímpica de 800 metros

Por 4 Agosto, 2021Sin comentarios

O viveirense, Adrián Ben, quedou en quinta posición na final olímpica de 800 metros lisos. Enfrontouse a atletas moi versados nesta modalidade pero aínda así conseguiu ser o primeiro atleta español que chega ata a final en 800 metros.

O podio final destacou nas dúas primeiras posicións polos keniatas Emmanuel Korir (1.45.06) e Ferguson Rotich (1:45.23), e a terceira posición do  polaco Patryk Dobek (1:45.39), a cuarta do australiano Peter Bol (1:45.92) e na quinta o viveirense Adrián Ben (1:45.96).

Por outra banda, no pleno que se celebrará hoxe no Concello de Viveiro, o grupo de goberno proporá que Adrián Ben sexa nomeado Fillo predilecto de Viveiro. “Para esta proposta non só temos en conta os éxitos deportivos, se non tamén os valores que transmite, é un motivo de inmensa ledicia que un rapaz de Viveiro con traballo e humildade chegue ata onde está”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.