Skip to main content
Lugo

Agradecemento aos bombeiros pola participación no incendio en O Ceao

Por 24 Abril, 2021Sin comentarios

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo esta mañá un pequeno almorzo co Corpo de  Bombeiros de Lugo, co seu xefe ao fronte, Miguel López, para agradecerlles, unha vez máis, “a  súa participación activa e impecable no terrible incendio do Polígono do Ceao producido o  pasado 11 de abril. Temos que felicitar a súa profesionalidade, enorme traballo, esforzo e  dedicación máis aló mesmo do seu deber”.  

Neste senso, lembrou que se presentaron a apagar o lume a práctica totalidade dos efectivos, que axiña se presentaron voluntarios aínda que non lles tocase traballar ese día.  

A rexedora, que é máxima xefa do Bombeiros municipais, destacou a súa implicación tamén  durante todos os días que quedaron de retén para evitar que lume se activase.  

Méndez fixo fincapé que “os bombeiros non soamente apoiades en incendios e outras  emerxencias, senón que tamén levades a cabo unha importante labor cara a cidadanía velando  pola nosa seguridade sempre que o precisamos”.