Skip to main content
Ribadeo

Apaga acolle as primeiras xornadas de internacionalización da Formación Profesional

Por 15 Novembro, 2022Sin comentarios

Do 18 ao 20 de novembro celebraranse en Ribadeo as primeiras xornadas de internacionalización da Formación Profesional, que organiza a Asociación de Profesores de Automoción de Galicia. 

A responsable de proxectos de Mobilidade Erasmus + de Apaga, Sandra Gómez, explicou que “estas xornadas darán comezo mañá, mércores, e desenvolveranse ata o domingo 20. Visítannos técnicos de empresa de Turquía e de Croacia, dous de cada país. Trataremos temas como, por exemplo, o proceso de dixitalización das empresas, comunicación entre as empresas e os centros de Formación Profesional, incorporación do vehículo eléctrico, entre outros contidos”.

Sobre o programa a desenvolver estes días Sandra Gómez contou que “visitaremos varios institutos e empresas para ensinarlles aos técnicos o sistema educativo español e referente ás empresas, os sistemas produtivos. O sábado pola mañá haberá un acto de benvida por parte do alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, e a continuación os técnicos expoñerán a súa opinión respecto ás diferenzas co seu país dos temas que antes citei. E á noite haberá unha cea con empresarios da Mariña na que poderán intercambiar opinións sobre as diferenzas entre os distintos países”. 

Estudantes en Lisboa

Estes días seguen as Mobilidades Erasmus +, organizadas por Apaga. Dous alumnos do ciclo de carrozaría do CIFP Politécnico de Murcia atópanse facendo as súas prácticas en Lisboa. Nas últimas horas visitaron as instalacións do concesionario Mercedes na capital portuguesa. Xunto a eles estivo Sandra Gómez.