Skip to main content
Cultura SARRIAXAO Incio

Asociación de Veciños de Trascastro: “Ler é un pracer e por iso un dos obxectivos é transmitilo”

Por 23 Abril, 2023Febreiro 1st, 2024Sin comentarios

Coñecemos o Club de Lectura ‘Os Alfabetos’, promovido pola Asociación de Veciños de Trascastro do Incio.

Como xurdiu a idea de promover un club de lectura?

Xurdiu a idea unha tarde por parte dun dos compoñentes, pensando en que cousas podiamos facer aquí onde vivimos e que sirvan de unión, encontro, e disfrute as persoas que gustan da lectura; ademais de compartir o lido con persoas de distintas idades e diversos posicionamientos vitais.

Pensamos que formar parte dun club de lectura axuda aos seus participantes a aprender sobre libros, desenvolver habilidades verbais, mellorar a comprensión lectora e compartir coñecementos, sen olvidarnos de que no mundo rural o illamento é cada vez máis grande.

Cando levaron a cabo a idea?

Comezou a súa andaina no mes de xaneiro coa primeira xuntanza no local da asociación, así xa tiñamos onde faser as reunións, e con seis compoñentes; pero neste momento xa somos dezaseis.

De que forma a levaron a cabo?

Comezamos facendo un grupo de WhatsApp onde nos iamos apuntando e deixando información e mesmo libros en formato PDF. A partir de aí comezou a andaina, que se desenvolve no local da Asociación de Veciños de Trascastro, A Casilla.

Por que ‘Alfabetos’?

É un nome que, ademais de que soa ben, expresa a idea ou a intención do club, que non é outra que o interese polas letras, a cultura e a lectura. Ademais, en contra do que moitas veces se pode pensar, pon de manifesto que no rural tamén hai persoas con inquedanzas relacionadas coa cultura.

Que actividades fan?

Organízase o club de lectura sen data concreta, poñémonos de acordó por wpp, e tamén facemos o magosto. Normalmente, ten unha frecuencia mensual.

A quen está dirixido?

Está dirixido a todas aquelas persoas que sentan a necesidade de xuntarse e compartir esas inquedanzas. O rango de idade é de a partir de 18 anos ou polo menos coa capacidade para ler libros de adultos. Pero temos máis ben xente adulta porque coinicide que a xente máis maior ten máis ganas de facelo.

Que obxectivos ten?

Compartir emocións e sentimentos, desenvolver as habilidades lectoras dos seus membros, transmitir aos seus participantes o pracer da lectura, a flexibilidade e a apertura de ideas, dar oportunidade a que todos compartan as súas ideas; compartir a afección pola lectura e difundila para que chegue a máis xente, deste xeito, non só desenvolveremos a capacidade lectora das persoas da nosa comunidade, senón que crearemos espazos onde os lectores poidan gozar e aprender a través dos libros; e que o rural teña espacios de encontro para os seus habitantes e así dinamizalo na medida do posible.

Como é a convivencia cos veciños, apúntanse ás actividades?

Estamos moi ben acollidos polos veciños e polo alcalde do Incio, temos apoios institucionais. O alcalde está colaborando en todo o que pode no local, que é do Concello e se necesitamos bibliotecas contamos co seu apoio. Os veciños dinnos que a idea é moi bonita.

Que proxectos de futuro teñen?

A idea do club é que siga avanzando e facer algunhas xornadas de concienciación para a limpieza da contorna e xuntarnos con outros colectivos como Xeitosas e outros colectivos. Queremos facer unha obra de teatro, traer algún poeta que nos faga algunha lectura.