Skip to main content
ChantadaDeportes RIBEIRASACRAXA

Atletismo de Chantada organiza o roteiro do lobo

Por 4 Setembro, 2021Decembro 13th, 2022Sin comentarios

O equipo deportivo de Atletismo de Chantada organiza na madrugada do 8 de setembro o roteiro do lobo, unha andaina na que os participantes subirán camiñando en grupo dende a plazuela ata a capela do Faro.

Así pois, a hora na que comezará a andaina será ás 6 horas da mañá e, dende a organización sinalan que se respectarán en todo momento as normas vixentes de separación, así coma o emprego de máscara.

Para máis información pódense consultar as redes sociais do equipo ou contactar no enderezo electrónico
clubedechantada@gmail.com.