Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A Banda da Escola Municipal de Música de Burela ofrecerá un concerto

Por 17 Xaneiro, 2020Sin comentarios

A Banda da Escola Municipal de Música de Burela ofrecerá un concerto este sábado, 18 de xaneiro, no auditorio da Casa de Cultura ás 20.00 horas. A entrada é gratuíta.

A Banda interpretará un programa moi variado con obras do repertorio clásico ata modernas e populares como Getawaymarch, Yo quesé!, Divertimend forbad, Excalibur, Starwars, Bella ciao, Thegood thebad and theungly e Sway con diferentes arranxos de Luís IglesiasVázquez, Bruno Álvarez Gómez e Andrés Fernández Cortés

A formación está dirixida polo profesor da Escola Bruno Álvarez Gómez coa colaboración de Luís Iglesias Vázquez e demais profesores da Escola.

A Banda da Escola Municipal de Música de Burela presentouse o ano pasado por mor das festas patronais coa pretensión de ter, co tempo, unha programación estable e dar a posibilidade aos alumnos da Escola de poder ofrecer publicamente o froito do traballo levado a cabo xunto ao profesorado do centro.