Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAGuitiriz

Brandán Márquez e Susana Alonso, gañadores da Ruta Btteiros Cova da Serpe

Por 29 Agosto, 2022Sin comentarios

Máis de 250 persoas participaron onte, domingo 28 de agosto, na VI Ruta Btteiros Cova da Serpe, unha proba organizada conxuntamente polo Concello de Guitiriz e o Club Btteiros Cova da Serpe.

Na categoría ‘Absoluta feminina’ a gañadora foi Susana Alonso Carballo, do Extol MTB Team, seguida de Eva Ortega Aguilar, do Extol MTB Team e de Ana María González Cuíña, do Mitto X-Sauce Team. Na ‘Absoluta masculina’ o gañador foi Brandán Márquez Fernández, do V Bike Team, seguido de Javier Busto Ramos e de Yago Fernández Obenza, ambos do Extol MTB Team.

Podes consultar a clasificación de todas as categorías na páxina web da Federación Galega de Ciclismo.