Skip to main content
Lugo

Campamentos de verán nas Casas das Linguas de Lugo

Por 17 Xuño, 2021Sin comentarios

Chega unha nova edición dos campamentos de verán organizados polas Casas das Linguas Municipais. O que se busca é achegar outras linguas a nenos e nenas de maneira lúdica.

As actividades estarán orientadas para nenas e nenos de entre 5 e 9 anos, e levaranse a cabo en dúas quendas, do 1 ao 14 de xullo e do 16 ao 31 de agosto, en horario de 10:30 a 13:30 en cada unha das Casas das Linguas, e cunha participación de 10 nenas e nenos en cada unha das actividades.

Para solicitar unha praza, debe contactarse mediante correo electrónico ou en persoa na Casa das Linguas desexada, entre o días 16 e o 29 de xuño. Os enderezos de correo electrónico habilitados son casa.linguas@lugo.gal para a Casa das Linguas da Estrada da Granxa ou no enderezo casa.linguas.balteira@lugo.gal para a casa das linguas María Balteira. Cada alumna ou alumno só poderá solicitar unha quincena, e as solicitudes para irmás e irmáns deberán remitirse no mesmo correo, indicando en todos os casos o nome e a quincena solicitada.