Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

CD Lugo e Breogán únense na promoción do deporte

Por 24 Setembro, 2021Setembro 25th, 2021Sin comentarios

O CB Breogán e o CD Lugo presentaron o proxecto Xuntos da man, que servirá de paraugas para as accións de promoción do deporte así como doutras iniciativas sociais e culturais de interese xeral que os clubs realicen no marco dos contratos de patrocinio que manteñen coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Os presidentes de CB Breogán e CD Lugo, José Antonio Caneda e Tino Saqués, escenificaron esta unión nun acto que se celebrou no Salón de Actos do Pazo de San Marcos e no que se adiantaron algunhas das accións a desenvolver conxuntamente nos vindeiros meses, que implicarán a representantes institucionais, xogadores e persoal técnico dos dous clubs.

Entre elas, a creación de vídeos e contidos asociados á promoción de hábitos saudables para a súa difusión a través dos perfís dos clubs en redes sociais, o reparto de balóns e material divulgativo, visitas a centros escolares e entidades do ámbito social ou a participación en eventos culturais e turísticas a fin de contribuír á súa visibilidade.

A campaña conta cunh web propia, xuntosdaman.gal, orientada á difusión dos contidos asociados a estas actividades e que conta tamén con formulario de contacto para que anpas e outras asociacións poidan interesarse polas actividades propostas.

O obxectivo é que os dous clubs coa masa social e a visibilidade do CB Breogán e o CD Lugo contribúan á promoción de hábitos saudables e de valores cívicos, tendo en conta o recoñecemento social e a relevancia que o deporte ten na nosa socidade.

Na mesma liña, os presidentes de CD Lugo e Breogán ratificaron a vontade de sumar esforzos e colaborar nestas accións, dando forma a un proxecto conxunto que dera os primeiros pasos nas semanas previas á crise sanitaria provocada pola covid 19.