Skip to main content
Viveiro

Celeiro acollerá as súas festas patronais do 22 ao 26 de xullo

Por 23 Xuño, 2023Agosto 9th, 2023Sin comentarios

A parroquia viveirense de Celeiro acollerá a celebración das súas festas patronais en honra á Virxe do Carmen, Santiago Apóstolo e Santa Ana e que terán lugar do 22 ao 26 de xullo.

O sábado 22 de xullo terá lugara primeira sesión vermú e a gran verbena a cargo da orquestra La Dimensión e a disco móbil Conxuro. Xa o domingo 23 será a quenda de Tekila e Kalima 3.0, o luns 24 La Favorita e o grupo Fusión animarán a gran festa da cervexa e a empanada.

O martes 25 de xullo a sesión vermú estará animada por Magma e o grupo Fénix e por último o mércores 26 o grupo Fénix porá punto e final a unha festas por todo o alto. Este último día terán xogos para os máis pequenos.