Skip to main content
ChantadaMonforte

Convenio entre o Chantada, o Val de Lemos e o Ensino para impulsar o baloncesto

Por 23 Agosto, 2021Sin comentarios

O CB Chantada, o CB Val de Lemos e o Ensino Lugo queren impulsar o baloncesto na área sur da provincia de Lugo a través dun acordo de colaboración no que os tres clubs traballarán na mesma dirección e cuns mesmos obxectivos.

Así pois, informouse que este proxecto nace a causa dunha boa dinámica dos tres clubs así coma a persecución duns mesmos obxectivos, que son a educación deportiva, a promoción de hábitos saúdables e que o baloncesto creza a través dun maior número de participantes en idades escolares.

Desta maneira, informan ás familias dos diferentes concellos do sur da provincia que aquelas persoas que desexen practicar baloncesto ou que estean interesadas neste proxecto se poñan en contacto cos clubes a través dalgún dos seguintes enderezos electrónicos: cbchantada@hotmail.com, valdelemos@gmail.com e ensinolugo@gmail.com ou a través das redes sociais.

O prazo para inscribirse nesta tempada que entra é ata o 29 de setembro.