Skip to main content
ActualidadeViveiro

Cristina Sánchez inaugura en Viveiro unha nova exposición

Por 13 Marzo, 2019Decembro 18th, 2023Sin comentarios

A escultora Cristina Sánchez inaugura este sábado, 16 de marzo, unha mostracoas súas últimas pezas co título de Sentimentos.
Expón as súas esculturas en Viveiro, lugar moi significativo para ela, pois é o lugar de nacemento de todos os seus antepasados por liña materna e é o lugar que elixiu desde fai sete anos para vivir.
As súas obras mostran figuras humanas expresando diversos sentimentos. Reúne dezaoito esculturas realizadas entre 1993 e a actualidade.
A inauguración será este sábado 16 de marzo ás 13.30 horas na Sala de Exposicións do Antigo Concello, e permanecerá aberta ao público ata o venres 29 inclusive.
A artista, nacida en Bos Aires, estivo desde sempre vinculada á arte, pero fai un par de anos encarouno seriamente, pois anteriormente dedicouse á súa actividade profesional (é Licenciada en Psicología, Máster en Dirección de Recursos Humanos, Especialista en Xestión Cultural, e Especialista en Xestión do Desenvolvemento Local) e a Escultura era un pasatiempo que compaxinaba co seu quefacer laboral.Agora, membro da Asociación Española de Pintores e Escultores (AEPE) e da Asociación de Artistas Plásticos Galegos (ARGA), participou en exposicións na Coruña, Ourense, Vigo; tamén expuxo en Madrid, Barcelona e Florencia.
A súa anterior Exposición Individual foi na Coruña en agosto pasado, e denominouse Volver marcando con ela a volta a España e a volta á Arte, ambos sitios nos que espera instalarse definitivamente.